Xogamos Todxs (Programa transversal)

A actividade lúdica é un recurso educativo próximo á infancia e facilitador de aprendizaxes, polo interese que esperta nos nenos e nenas. O xogo, por canto todo o que implica de aprendizaxe, é un instrumento didáctico que lles achega unha educación integral para a vida, conxugando “saber, saber facer e saber ser”. En virtude de todas as posibilidades que ofrece, o xogo constitúe un elemento fundamental que tamén debemos ter en conta de cara á adquisición de valores, construción da autoestima e autoimaxe.

Resulta patente que na etapa de Primaria aínda segue sucedendo que nenos e nenas socializan de forma distinta, e adquiren unha construción psicosocial do seu xénero cunha marcada diferencia entre homes e mulleres. Por exemplo, é un feito que á hora de xogar, de forma espontánea, nenas se agrupan con nenas e nenos con nenos.

Seguimos, inconscientemente, educando aos nenos e nenas en que os roles que deben interiorizar son diferenciados: os homes non choran e han ser valentes e fortes, e ter profesións “importantes”; as mulleres son máis sensibles e con capacidades máis acaídas para a educación e o coidado dos demais.

Espontaneamente, tanto no ámbito familiar coma no escolar ou extraescolar, a medida que os nenos e nenas medran preséntanselles opcións diferentes: desde a propia vestimenta ata os xogos ou actividades ás que reciben o convite para participar.

Xogamos todxs (que pronunciaremos “xogamos todex”) é un programa transversal de ECT, busca que o equipo educativo tome conciencia desta realidade en todas as propostas lúdico-educativas da xornada, de tal forma que sexan pensadas e postas en práctica sempre con criterios de igualdade. O obxectivo fundamental é que nenos e nenas vivan unha mesma experiencia do campamento. Así pois, o equipo educador seguirá as seguintes premisas:

Convidar ás familias a que todos e todas veñan ao campamento con roupa e calzado axeitado para xogar. As saias e os vestidos, así como as sandalias, non son as prendas máis axeitadas para correr, dar volteretas, facer rutas de sendeirismo, pasar gateando entre as pernas dos compañeiros e compañeiras, etc.

Facer grupos mixtos. Promoverase que os nenos e nenas se agrupen de forma mixta. Valerémonos de estratexia e negociación para que isto suceda. Por exemplo, se hai un grupo de nenas amigas e outro grupo de nenos amigos, podémolos xuntar para entre ambos formar un equipo para un determinado xogo.

Propostas de xogo con criterios de igualdade. Todos e todas compartirán o xogo. En ningún momento pode suceder que os nenos xoguen a unha cousa e as nenas a outra distinta. Tampouco poden primar as preferencias duns ou doutras.

Utilizarase linguaxe inclusiva, na que non prime o masculino como referencia. Coidarase especialmente a forma en que nos diriximos, chamamos ou animamos ás persoas participantes do xogo (en ningún caso os nenos son “campións” e as nenas “bonitas”; diremos “campión” e “campioa”).

Atención ao rol da persoa líder do grupo. De darse o caso, debemos contar con capitáns e capitás de forma alterna.

Ir a la barra de herramientas

Utilizamos cookies para mejorar tu navegación. Si continuas navegando, consideramos que aceptas su utilización Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar